Blog

ANÁLISE DO MACHISMO NA PUBLICIDADE

3º DA ESO LINGUA GALEGA

cabecera 3º ESO

A colaboración do alumnado de terceiro de ESO no proxecto “Iguais. Eu vou ser…”, consistiu na análise da publicidade co fin de comprobar se se estaban a producir cambios na eliminación do sexismo.

Para esta tarefa comezamos coa delimitación do concepcto “sexismo” e a súa identificación na publicidade botando man do decálogo establecido polo Instituto da muller, decálogo que foi analizado e comentado na clase, buscando entre todas as persoas participantes exemplos que encaixasen en cada apartado (http://www.iam-publicidad.org/) .

A partir de aquí o alumnado emprendeu a tarefa de analizar durante un par de semanas, en distintas franxas horarias e en canles de televisión diferentes as mensaxes publicitarias que ían emitindo e seleccionar aquelas que considerasen, aplicando o decálogo anterior, que tiñan un marcado contido sexista. Expoñeremos a seguir as principais conclusións que podemos extraer deste traballo de observación e análise:

En primeiro lugar, constatamos que os anuncios de produtos de limpeza e alimentos infantís seguen estando dirixidos á muller, a quen se lle segue outorgando o principal rol dentro da parella en asumir estas funcións, tópico que non só non se modifica no mundo da publicidade senón que, desgraciadamente, apenas muda na nosa sociedade, segundo as estatísticas existentes ao respecto.

En segundo lugar, o xogo cromático segue presente na publicidade dirixido a un ou outro sexo. A cor rosa outorgada ás nenas e a súa condición de princesa chega até as galletas (“galletas princesa”).

En terceiro lugar, os produtos de beleza e coidado persoal seguen dirixidos de xeito abrumador ao público feminino e buscando de novo o mercadeo coa súa imaxe, gustar ao home, non a si mesma como persoa. Obsérvase ademais unha maior agresividade sexual en produtos de perfume e desodorantes, sobre todo nos dirixidos a un público masculino, que producen tal efecto na muller que esta adopta un comportamento case salvaxe en relación ao home. (Desodorante Axe, colonia Dolce & Gabanna).

En cuarto lugar, constatamos que os anuncios de coches non renuncian a utilizar a imaxe da muller como reclamo, como obxecto decorativo ao que aspira o home que compra tal ou cal vehículo. Desgraciadamente non só seguimos co mesmo patrón senón que incluso se converten en apoloxía da violación e violencia sexual sobre a muller, como no caso do Alfa Romeo Giulietta, onde sensualmente a voz dunha muller que se identifica co coche susurra frases como “mírame”, “tócame”, “contrólame”…. ou o slogan “son Giulietta, se vas falar de min, Próbame”.

Por se todos estes tópicos non estivesen, desgraciadamante, tan manidos, atopamos tamén sexismo evidente en produtos novos, ben porque antes non se publicitasen, ou ben porque non se utilizaba dun xeito xenérico o sexismo na súa publicidade. Entre eles destacamos os seguintes:

  • Anuncios de cervexa, como a cervexa Colegiata, onde a varieade de cervexa se identifica coa variedade da muller en función da cor do seu cabelo (“rubia o morena, tú eliges).

  • Produtos para o tránsito intestinal. Parece que só a muller ten problemas co seu tránsito.

  • Produtos adelgazantes. Van sempre dirixidos a mulleres e non para mellorar a súa saúde, senón para resultaren máis atractivas aos ollos do home. Semella que os homes non teñen problemas de sobrepeso ou obesidade e que para as mulleres non importa o aspecto físico do home, nin sequera para un mesmo.

  • Anuncios de produtos financeiros e, ultimamente, de casas de vacacións ou hoteis. Ao igual que hai máis de corenta anos, semella que neste país só o home decide como xestionar os cartos e en que investilos.

-Aperitivos e produtos semellantes. Queremos incorporar, por nos parecer significativo, un anuncio que o alumnado atopou na rede e que foi censurado para a súa aparición en medios polo alto contido sexual e/ou sexista, deberíamos dicir, pero que inicialmente tiña a intención de ser emitido para publicidade, que é da marca Doritos https://www.youtube.com/watch?v=3-T8MePbOR4 (que cada quen tire as súas propias conclusións).

En definitiva, desgraciadamente comprobamos que na nosa sociedade non se avanza na conquista da igualdade entre mulleres e homes. A análise que acabamos de facer confirma a cousificación da muller a través da publicidade, incidindo notablemente no incremento da violencia contra as mulleres.

ALFA ROMEO

http://estaticos03.elmundo.es/yodona/imagenes/2012/05/24/actualidad/1337865656_0.jpg

GALLETAS PRINCESA

https://www.ulabox.com/media/81758_l1.jpg

SOMATOLINE

https://www.farmaciaonlinebarata.es/blog/wp-content/uploads/2015/04/somatoline-noche-10-1.jpg

HORNIMANS

https://www.latinspots.com/files/notas/Gnota_35217.jpg

http://www.dossiernet.com.ar/assets/scripts/load.php?src=http://www.dossiernet.com.ar/assets/uploads/images/Hornimans.jpg&q=95&w=808&h=566

DULCOLAXO

https://i.ytimg.com/vi/Oq60uU_zuBs/hqdefault.jpg

https://i.ytimg.com/vi/RpuARqI4yno/hqdefault.jpg

AXE

https://i.ytimg.com/vi/XXaCuy9atQQ/hqdefault.jpg

https://iguaiseuvouser.wordpress.com/wp-content/uploads/2017/09/b72cd-axe-efeito.jpg

MEDIAMARK

http://www.vozpopuli.com/upload/Memesis/sexismo6.jpg

VÍDEO HUNDRED ROOMS

https://www.youtube.com/watch?v=H3-PzQR9k9M

ACABÁRONSE OS ESTEREOTIPOS

1º FP BÁSICA ÁMBITO SOCIOLINGÜÍSTICO

fpb2

Falamos con Manuel, un alumno do IES Ricardo Carballo Calero da FPB de perrucaría e estética.

Manuel, por que cres que a perrucaría e a estética están relacionadas o sexo feminino?

– Porque supostamente son as mulleres as que se coidan máis.

Recibiches burlas polo simple feito de estudar esta especialidade?

-Si, mesmo persoas da miña familia non están de acordo. Recibín insultos coma “maricón”, “es unha nena”…

Por que razón che gusta este ciclo?

– Porque me gusta facer feliz a xente.

A xente da túa clase e o profesorado aceptan a vosa presenza ou poñen pegas?

– Aceptan a nosa presenza.

Despois disto, en que ciclo che gustaría facer a especialización?

– Estética, porque me gusta maquear, facer manicuras.Falamos con Manuel, un alumno do IES Ricardo Carballo Calero da FPB de perrucaría e estética

Manuel, por que cres que a perrucaría e a estética están relacionadas o sexo feminino?

– Porque supostamente son as mulleres as que se coidan máis.

Recibiches burlas polo simple feito de estudar esta especialidade?

-Si, mesmo persoas da miña familia non están de acordo. Recibín insultos coma “maricón”, “es unha nena”…

Por que razón che gusta este ciclo?

– Porque me gusta facer feliz a xente.

A xente da túa clase e o profesorado aceptan a vosa presenza ou poñen pegas?

– Aceptan a nosa presenza.

Despois disto, en que ciclo che gustaría facer a especialización?

– Estética, porque me gusta maquear, facer manicuras…

De poderes, terías a túa propia perrucaría ou salón de beleza?

– Tería, sen dúbida.

Cres que a xente está educada na tolerancia neste tema ou que aínda queda moito por facer?

– Queda aínda moito por facer, non existe respecto cara aos homes que traballamos neste eido.

De non ser esta, que profesión elixirías?

  • Só me gusta esta.

Cres que só por ser home é máis difícil ser alguén no mundo da beleza?

– Non, hai posibilidades para todo o mundo.

Como te ves dentro duns anos?

  • Pois seguindo a me especializar en perrucaría.

María Seco Carneiro,

1º FPB perrucaría e estética

foto Merchi1490274849358

Janire: algunha vez metéronse contigo por estudar perrucaría e estética?

José: non

Janire: como che deu por cursar estes estudos?

José: porque me gusta curtar o cabelo e facer peiteados chulos, e tamén para sacar a ESO.

Janire: veste no futuro de perruqueiro ou esteticista?

José: non

Janire: recibiches críticas dos teus familiares e/ou amigos por estudar esta especialidade?

José: si, algunhas

Janire: algunha vez pensaches que ías acabar estudando isto?

José: non, porque quería estudar mecánica do automóbil

Janire: que che gusta máis, a perrucaría ou a estética?

José: a perrucaría

Janire: que opinaron teus pais cando lles dixeches que ías estudar isto?

José: pareceulles ben porque así tiñan perruqueiro persoal

Janire: sénteste diferente dos demais mozos da túa idade por faces estes estudos?

José: non

Janire Delgado

1º FPB perrucaría e estética